Manolito Gafotas, como todo o mundo o coñece no seu barrio de Carabanchel (Alto), é un rapaz falador que vive cos seus pais, o seu avó Nicolás e o seu irmán pequeno, o Imbécil, e que sempre está disposto a contar a súa visión das cousas. Xunto co seu mellor amigo, Orejones López, e o seu maior inimigo, o chulito Jihad, a volta ao colexio de Diego Velázquez convértese nunha aventura. A chegada dun novo compañeiro, Paquito Medina, unha cita na Árbore do Aforcado con Susana ou o aniversario máis feliz do avó Nicolás son algúns dos feitos memorables do primeiro libro de Manolito Gafotas.
5º-6º Primaria